Certame Ouff Escola

XIV edición

O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décimo cuarta edición do Certame Ouff Escola, que ten como obxectivos:

- impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade.

- fomentar a creatividade audiovisual.

- promover o traballo en equipo.

Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega.

Os/As participantes deben elaborar obras audiovisuais en lingua galega de ata 20 minutos de duración. O prazo de inscrición remata o 10 de xullo de 2023.

Máis información

 

Palabras clave: