Club de debate

O Club de debate é un proxecto colaborativo, promovido polos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos, que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, fomentando a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.

Poden participar equipos mixtos de entre 4 e 10 mozos/as de 3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos. Haberá diferentes premios nas fases de zona e o equipo que gañe a fase final será premiado cunha viaxe en grupo.

O prazo de inscripción remata o 31 de xaneiro de 2023.

Máis información nos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos

Palabras clave: