Cooperativismo no ensino

Certame

O certame Cooperativismo no ensino, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as seguintes modalidades:

a) Actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.

b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 28 de abril de 2023.

 

Toda a información nesta ligazón

Palabras clave: