InnovArt 2024

Concurso para a creación do cartel

A Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un concurso de creación do cartel da 2ª edición de InnovArt , evento para a promoción das ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas que se imparten en Galicia e que se celebrará os días 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura de Galicia,

Poderán participar no concurso as persoas que estean a cursar ensinanzas artísticas superiores de Deseño ou de ciclos formativos das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño nalgunha das catro escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de marzo.

Palabras clave: