Atención á diversidade
Atención á diversidade

A atención á diversidade pode considerarse como o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

Este espazo pretende ofrecer de xeito concentrado algunhas orientacións e unha pequena mostra de recursos e enlaces de interese que contribúan na atención á diversidade e respondan a unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa.

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Enténdese por alumnado con necesidade específica de apoio educativo aquel que requira, de forma temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia...
Outras diversidades
O obxectivo educativo na atención á diversidade do alumnado é conseguir que acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible, o que require unha adaptación da educación ás súas singularidades, que lles garanta unha igualdade efectiva de oportunidades e que se lles ofrezan os recursos necesarios.Consideramos a diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade, polo que...
Servizos de atención á diversidade
Dende a Lei Orgánica de Educación faise fincapé nos principios de calidade baseada na equidade e de esforzo compartido, cobrando polo tanto relevancia por si mesma a atención á diversidade; entendida, non como un axente igualador, senón como a resposta axeitada, no momento oportuno, ás necesidades educativas do alumnado.A resposta educativa dada asume o principio de inclusión, reforza o traballo...