Educación de persoas adultas

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.  A través das ensinanzas de adultos conséguese:

  • Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
  • Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio de outras profesións.
  • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
  • Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica e o exercicio da cidadanía democrática.
  • Reducir o risco de exclusión social, especialmente dos sectores máis desfavorecidos.
  • Responder adecuadamente aos desafíos que supón o avellentamento progresivo da poboación asegurando ás persoas de maior idade a oportunidade de incrementar e actualizar as súas competencias. 

ENSINANZAS
BÁSICAS INICIAIS

Nivel I

ENSINANZAS
BÁSICAS INICIAIS

Nivel II

EDUCACIÓN 
SECUNDARIA
BACHARELATO
CASTELÁN E GALEGO 
PARA INMIGRANTES
AULA MENTOR PROBAS PARA
A OBTENCIÓN
DE TÍTULOS
REDE DE CENTROS

 

 

 ANUNCIOS


06/03/2024

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos correspondentes á convocatoria de abril de 2024.


05/03/2024

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na Proba para a obtención do título de Bacharel na convocatoria de 2024.


23/01/2024

Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024. 


11/01/2024

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024.


11/01/2024

Convocatoria do programa para o mantemento e incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de Galicia.


 23/08/2023

Resolución do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación e bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso 2023/24


Máis anuncios [+]

ACTUALIDADE


e  

02/02/2024

O próximo luns abre o prazo de inscrición nas probas libres para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para adultos.


Así o adiantou a directora xeral de FP durante unha visita ao Centro Público de Educación e Promoción de Adultos Eduardo Pondal da Coruña

     
s  

18/06/2023

A Xunta habilita aulas de capacitación dixital en 55 centros de educación de persoas adultas para formar a máis de 2.800 persoas.


Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais en servizos como a banca, o aceso ás administracións ou o consumo telemático.

As actividades dirixiranse aos maiores de 55 anos, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

   

 

e  

03/02/2023

As ensinanzas de adultos, que cursan 10.000 galegos, reforzaranse coa nova Lei de aprendizaxe ao longo da vida que impulsa a Xunta.


O departamento de Román Rodríguez está traballando nun conxunto de accións específicas para blindar unha aprendizaxe “permanente, integral, inclusiva e de calidade” para o conxunto da poboación.

A nova normativa en trámite reforzará o acceso flexible ás distintas modalidades de ensino para adultos e na garantía de igualdade de oportunidades a nivel social e territorial.

     
 

22/01/2023

Case 800 internos melloran a súa formación nos Centros de Educación e Promoción de Adultos das prisións de Galicia co apoio de 53 docentes. 


Román Rodríguez gaba a entrega e profesionalidade deste profesorado e salienta a educación como “a ferramenta máis valiosa para abrir portas e superar barreiras”.

Nos centros penitenciarios galegos ofértanse Ensinanzas Básicas Iniciais, Educación Secundaria e Bacharelato para persoas adultas, así como cursos de idiomas e, no caso de Bonxe, FP.


Máis novas [+]