Título node Learning object

VI Concurso Novos Talentos de Relato Curto Coca-Cola
Mar, 21/01/2014 - 13:17
VI Concurso Novos Talentos de Relato Curto Coca-Cola

Coca-Cola, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VI Concurso Novos Talentos de Relato Curto, ao que poden concorrer escolares que cursen 2º da ESO, sempre que non superen a idade máxima de participación de 16 anos, a través dos colexios/institutos onde realicen os devanditos estudos.

O prazo de inscrición está aberto ata o 25 de febreiro de 2014 e a inscrición xestionarase desde os centros escolares, por medio do profesorado de contacto, ás oficinas locais de Coca-Cola e/ou persoa responsable do concurso na súa provincia.

A proba de selección terá lugar o 21 de marzo de 2014, simultaneamente, nas principais cidades galegas e a ela concorrerá o alumnado designado por cada centro escolar.

Máis información