A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura das II Xornadas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría do IES Leixa

A iniciativa do centro educativo ferrolán superou todas as expectativas, con preto de 350 asistentes

Xov, 08/05/2014 - 11:40
 A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura das II Xornadas de T
A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura das II Xornadas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría do IES Leixa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou esta mañá na apertura das II Xornadas de Técnicos en Coidados Auxialires de Enfermaría (TCAE) organizadas polo IES Leixa. A iniciativa, que se celebrado no Pazo da Cultura de Narón, superou todas as expectativas iniciais, con preto de 350 asistentes, repetindo o éxito da primeira edición (2012).

O encontro ten como obxectivo abordar o papel e resposnsabilidades dos TCAE en determinados servizos e unidades asistenciais de persoas con características especiais, en servizos ou unidades que empregan métodos e medios materiais e procedementais específicos, así como en situacións de urxencia e emerxencia como grandes catástrofes. Neste sentido, as xornadas procuran impulsar a formación continua destes profesionais, de tal forma que adquiran as competencias necesarias para dar resposta de forma axeitada ás devanditas situacións.

As xornadas contarán coa participación de expertos dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Santiago, A Coruña e Ferrol; así como representantes da Xerencia de Xestión Integrada do SERGAS; e profesorado do IES Leixa (Ferrol), CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña), IES Agra de Raíces (Cee) e CIFP Politécnico de Lugo.