Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014

Xov, 22/05/2014 - 08:43

Xúntase a Orde do 12 de maio de 2014 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 20 días de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 20 días de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na Inspección Educativa.

Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2012 e 2013).

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
  • Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
  • Certificación da dirección do centro na cal se xustifique que a persoa solicitante exerce actualmente nel e se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte.
  • Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
  • Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na función docente.

Máis información

Mail: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.515/ 981.546.513
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria