Campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería

Lun, 07/07/2014 - 09:00

Xúntase a Resolución do 23 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería.

  • É aplicable ao persoal docente que presta servizos nos centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2014.
  • A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicadocentes.xunta.es