Título node Learning object

Camiño escolar na Coruña
Ven, 28/11/2014 - 10:19
Logo de ANCAS

O proxecto ANCAS, promovido por STOP Accidentes e polo Concello da Coruña,  acaba de implantar novas rutas escolares para o alumnado do CEIP Sagrada Familia, CEIP San Francisco Javier e do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que se engaden ás que xa se consolidaron para o CEIP Concepción Arenal.

En conxunto, 300 alumnos e alumnas destes centros camiñan acompañados aos seus centros de ensino cada día grazas a esta iniciativa coa que se fomenta a mobilidade segura dos máis pequenos.

 

 

Menús Learning object node R

Sección