Título node Learning object

Pecha a III Semana Mundial da Seguridade Viaria Infantil
Mér, 06/05/2015 - 12:37
Logo da campaña

Do 4 ao 10 de maio celebrouse a III Semana Mundial da Seguridade Viaria, instaurada polas Nacións Unidas para protexer a seguridade e os dereitos das persoas fronte aos accidentes de tráfico. Esta terceira edición centrou o seu obxectivo en poñer o foco no perigo que corren os máis pequenos nas estradas e na necesidade de adoptar medidas que melloren a súa seguridade. A ONU recorda que cada día perden a vida máis de 500 nenos en accidentes de tráfico en todo o mundo.

Dentro dos actos promovidos desde a ONU destaca a "Declaración dos nenos para a Seguridade Viaria" e a campaña "Save Kids Live" (que inclúe materiais de promoción en inglés, francés e español; a pancarta para facer os selfies está dispoñible en 8 linguas). Inspirados nesta campaña, distintos concellos e centros de ensino desenvolveron actividades para que os máis pequenos puidesen gozar da vía pública sen perigo, entre eles o Concello de Cambados, o CEP de Sequelo-Marín (Marín), o CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra).

Por outra banda, a Dirección Xeral de Tráfico celebrou en Madrid a organización das súas xornadas, con eventos institucionais, actividades pedagóxicas, e presentación de materiais; entre eles, a presentación da campaña de educación viaria dos Bolechas para o ámbito estatal.