Concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a catro centros de ensino primario de Galicia

Mar, 16/06/2015 - 11:36

Con data 16 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a catro centros, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 5 de decembro de 2014, da devandita dirección xeral, pola que se publicaban diversas iniciativas englobadas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Reciben o selo os seguintes centros:

  •  CEIP de Leirado, de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
  •  CEIP Montemogos, de Bueu (Pontevedra)
  •  CEIP Plurilingüe A Pontenova, de A Pontenova (Lugo)
  •  CEIP Seis do Nadal, de Vigo (Pontevedra)

Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.