A Consellería de Cultura e Educación concede 20 premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14

O fin destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de fp de grao superior en Galicia

Mar, 30/06/2015 - 13:19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se conceden 20 premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14, cada un deles cunha achega de 850€ para os estudantes galardoados.

Requisitos

Para poder acceder aos premios, os alumnos e alumnas tiveron que cumprir co requisito de ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no ano académico anterior nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2014. Estes premios concédense en réxime de concorrencia competitiva, e tívose en conta acualificación final do ci­clo formativodos candidatos, que tiña que ser igual ou superior a 8,50; e os méritos relacionados co título profesional.

A obtención destes premios dalle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior; precisamente na última convocatoria nacional catro estudantes galegos obtiveron premio.

O fin destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo da Autonomía galega.

Menús News node R