Convocatoria de concurso para a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o día das Letras Galegas 2011

Mér, 17/11/2010 - 11:23

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (disposición adicional da Orde do 22 de abril de 2010 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, DOG núm. 78, do 27 de abril de 2010), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2011, Lois Pereiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.