Título node Learning object

Concurso “Generación €uro”
Ven, 06/11/2015 - 11:08
Cartel do concurso "Generación €uro"

Este concurso, xa na súa terceira edición, forma parte do programa educativo “La escuela del Euro”, no que participan o Banco Central Europeo, o Banco de España e outros bancos centrais nacionais da Eurozona, e pretende fomentar entre os escolares europeos o interese polas características dos billetes e moedas de euro.

Esta competición está dirixida a alumnado de entre 9 e 12 anos de idade e o prazo para participar finalizará o 5 de febreiro de 2016.

Para máis información, apórtase a ligazón ao concurso.