Título node Learning object

ConvivenciaXestion: recollida de datos da convivencia nos centros educativos
Xov, 12/11/2015 - 14:37
Cartel de educonvives.gal

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, aprobouse recentemente a "Estratexia Galega para a Convivencia Escolar 2015-2020 - Educonvives.gal", na que se prevé a elaboración dun instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos.
Esta masiva recollida de datos ten por obxecto facilitar a elaboración dos plans de convivencia dos centros xa que cada un recibirá os seus datos debidamente procesados, facilitando a labor de diagnóstico de base. Tamén está encamiñado a establecer o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora do mesmo.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
Todos os centros sostidos con fondos públicos contan xa coa información para a xeración das claves de toda a súa comunidade educativa a través da aplicación ConvivenciaXestion, e o acceso á recollida de datos está plenamente operativo.

Haberá reunións informativas para resolver as dúbidas que poidan xurdir.

  • Xoves 12/11/2015 Ourense – Salón de Actos do Edificio Administrativo da Delegación Territorial- 12:00 a 13:00 horas.
  • Venres 13/11/2015 Lugo – Salón de Actos do Edificio Administrativo da Delegación Territorial – 12:00 a 13:00 horas.
  • Luns 16/11/2015 Pontevedra – Salón de Actos do Edificio Administrativo da Delegación Territorial – 12:00 a 13:00 horas.
  • Martes 17/11/2015 Coruña – Salón de actos do CIFP Someso – 12:00 a 13:00 horas.
  • Mércores 18/11/2015 Santiago de Compostela – Auditorio do Edificio CINC –Cidade da Cultura – 12:00 a 13:00 horas.

Para calquera consulta ou dúbida pode dirixirse á Unidade de Atención a Centros (UAC) no teléfono 881997701 ou no correo electrónico  uac@edu.xunta.es.