Título node Learning object

Campionato Internacional de Modelado 3D co teléfono móbil
Ven, 13/11/2015 - 13:09
Logo do campionato

A Universidade de Santiago de Compostela invita a todos os estudantes e os seus docentes/centros educativos a participar na “Metrology World League”, un campionato científico internacional totalmente en rede e gratuíto para promover as vocacións científicas entre a xente xoven e iniciar aos estudantes no modelado 3D e os novos métodos emerxentes de medición de precisión utilizando o teléfono móbil.

Este campionato está aberto a equipos de 2 a 4 estudantes de entre 15 e 17 anos de idade, liderados por un docente, de calquer centro educativo de todo o mundo. Os equipos deben rexistrarse na web: http://d3mobile.es.

A data límite de inscrición é o 14 de marzo de 2016.

Máis información na ligazón do campionato.