Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de francés, navegacións e instalacións mariñas e procesos e medios de comunicación, fabricación e instalación de carpintería e moble, produción de artes gráficas..

Mér, 27/01/2016 - 08:45

Xúntase o Anuncio do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.