Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xov, 28/01/2016 - 09:13

Xúntase a Resolución do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.
  • A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.