Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso 2015/2016, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos

Ven, 29/01/2016 - 08:45

Xúntase a Orde do 18 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2015/16, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar os estudos.

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2016, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).