Título node Learning object

Campaña: “Baixo este paraugas cabemos todos”
Ven, 18/03/2016 - 11:05
Cartel “Baixo este paraugas cabemos todos”

Esta campaña pretende concienciar á sociedade e permitirlle aportar o seu gran de area para que as persoas coa síndrome de Down conten con apoios e contornas adecuadas onde poidan demostrar a súa valía e crecer levando unha vida autónoma e formando parte da súa comunidade de forma visible e activa.

Baixo este paraugas cabemos todos é o lema co que as entidades Down e La Voz de Galicia poñen á venda un paraugas solidario con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

A venda deste paraugas ofrece a todas aquelas persoas que o desexen a oportunidade de colaborar de forma directa cos programas de inclusión e autonomía persoal que desenvolven as entidades Down en Galicia.

Para isto, deben reservar o Paraugas Down no seu quiosco máis próximo entre o domingo 13 de marzo e o mércores 16 de marzo, para poder recollelo co xornal La Voz de Galicia o luns 21 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Síndrome de Down.