Título node Learning object

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016
Ven, 08/04/2016 - 16:06
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Persoas que poden asistir

Persoas con discapacidade que teñan entre os 11 e os 40 anos de idade.

Requisitos para poder participar

  • Ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • Ter entre 11 e os 40 anos. Cando empeza a actividade, tes que ter cumprida a idade mínima fixada e non superar a idade máxima fixada cando se remate.

  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.

  • Non ter problemas de comportamento ou de conduta.

  • Poder comunicarse e poder participar nas actividades que se van facer.

  • Ter unha mobilidade axeitada para poder desprazarse polo lugar solicitado.

Información:

Para información xeral pódense dirixir ao número 900 333 666 do Teléfono Social de forma gratuíta.