Román Rodríguez respalda coa súa presenza ao alumnado galego participante no Spainskills 2017

O conselleiro animou aos 25 mozos e mozas que representan a Galicia no campionato nacional a demostrar o potencial da FP galega

Mar, 28/02/2017 - 16:00
Román Rodríguez respalda coa súa presenza ao alumnado galego participante no Spainskills 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta mañá á inauguración do Spainskills 2017, o maior campionato de Formación Profesional que reúne a alumnos e alumnas de toda España. De feito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia visitou á delegación galega, conformada por 25 mozos e mozas que participarán nun total de 23 competicións, e animounos a demostrar o potencial da FP de Galicia, así como a seguir formándose e aprendendo a través deste tipo de certames. Ademais dos alumnos e alumnas participantes, cada competidor estará acompañado por un titor do centro educativo, e tamén por tres xefes de equipo que se encargan dos labores de coordinación.

Durante a xornada de apertura –que inaugurou o secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín–, Colombia asistiu como país invitado e deuse conta da lectura do xuramento do ‘Xogo Limpo’. As competicións do Spainskills comezan mañá e prolongaranse ata o venres, para posteriormente o sábado celebrar a cerimonia de clausura.

 

En concreto, a representación galega está conformada polos seguintes alumnos e alumnas:

 

ESPECIALIDADE

REPRESENTANTE GALEGO

Mecatrónica

Miguel Sotelo González e Raúl Acuña Fariñas, do IES Politécnico de Vigo

 

Deseño mecánico - CAD

Carlos Andrés Ramallo Lestayo, do CIFP Ferrolterra

 

CNC – Torneado e fresado

Raúl Fernández Lorenzo, do IES Politécnico de Vigo

 

Soldadura

Julián Fernández Souto, do IES de Valga
 

Reparación de carrozaría

Ángela Calvo Filgueiras, do CIFP Ferrolterra

 

Fontanería e calefacción

Alejandro Louzao Cameán, do CIFP Coroso de Ribeira

 

Instalacións eléctricas

Moisés Pereiro Durán, do IES Universidade Laboral de Culleredo

 

Control industrial

Borja Abal Varela, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía

Ebanistaría

Raúl Piñeiro Rodríguez, do CIFP Politécnico de Santiago

 

Carpintería

Diego Varela García, do CIFP Politécnico de Lugo

 

Floraría

 

Soraia Barbosa Oliveria, do IES San Rosendo de Mondoñedo

 

Perruquería

Lucía López Bujeiro, do CIFP Someso da Coruña

 

Tecnoloxía da moda

Graciela González Touriño, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

 

Tecnoloxía do automóbil

Miguel Paz Pena, do IES As Mariñas de Betanzos

 

Cociña

Carolina Espasandín Pérez, do CIFP Compostela de Santiago

 

Servizos de restaurante e bar

 

Ana Sofía Emidio Martínez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

 

Pintura do automóbil

Silvia Folgueira Rico, do CIFP As Mercedes de Lugo

 

Xardinaría paisaxística

Damián Ferreira Barros e Ester Ogando Pando, do CIFP A Granxa de Ponteareas

 

Refrixeración

Pablo Lema Paz, do IES Universidade Laboral de Culleredo

 

Administración de sistemas en rede

Milan Cornado Rodríguez, do IES San Clemente de Santiago

 

Coidados auxiliares de enfermaría e atención

 

Daniel Pérez López, do IES Leixa de Ferrol

Panadaría

Alba Triñanes Dieste, do CIFP Compostela de Santiago

 

Animación 3D e xogos

Esther Insua López, do IES Imaxe e Son da Coruña