Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección

Ven, 18/01/2019 - 13:41

Resolución do 18 de xaneiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de filosofía e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección.

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.