O conselleiro de Educación asiste á entrega do premio de Relato Curto de Coca-Cola en castelán, celebrado en Ferrol

Hoxe entregouse o galardón correspondentes a 51º edición

A participación estivo aberta a estudantes de segundo curso de ESO de toda Galicia

A gañadora, Andrea Barros, realizará unha viaxe literaria por Roma e Florencia durante o vindeiro mes de xuño

Ven, 03/06/2011 - 20:35

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a entrega do premio de Relato Curto de Coca- Cola en castelán, dirixida a estudantes galegos de 2º da ESO.

Este ano a convocatoria, que chega á súa 51º edición en castelán, ten como primeiro premio a nivel autonómico a Andrea Barros Bólico, do IES Urbano Lugrís, da Coruña, cun relato escollido entre o total de case 600 presentados en Galicia (más de 11.000 en toda España). No resto de Galicia resultaron gañadores outros 6 escolares, dos diferentes sectores provinciais- Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense-.

Para participar as alumnas e alumnos construíron un relato a partir dun estímulo visual, neste caso unha fotografía do pintor surrealista belga Magritte. A gañadora recibiu como premio unha viaxe literaria a Roma e  Florencia no vindeiro mes de xuño. En total participaron 7.850 estudantes de 134 centros escolares galegos, dos que resultaron premiados na xornada de hoxe 42 deles.

Durante a súa intervención o conselleiro felicitou tanto aos participantes, como aos premiados e organizadores e destacou que aos participantes e gañadores de anteriores edicións nas que participaron “xornalistas, escritores, directores de cine, columnistas, poetas recoñecidos no seu labor, como Ángeles Caso, Luís Felipe Sahagún, Lucía Etxebarría, Blanca Andreu ou Alejandro Amenábar foron premiados antes ca vós neste certame”. Asemade Vázquez Abad dixo que “estes premios recoñecen o talento dos máis novos. O voso talento. Pero lembrade sempre que, ademais do talento, é preciso o traballo. O traballo duro. Como dicía Picasso, ‘que a inspiración me colla traballando’”.

A organización do concurso

Cómpre recordar que esta edición as probas foron realizadas nos respectivos centros escolares galegos en abril. Durante a realización das mesmas os profesores recibiron materiais didácticos, así como propostas de lecturas para que os estudantes participantes puideran preparar o relato curto que posteriormente presentaron. Non se pode esquecer que a literatura galega conta con grandes escritores, e que a través de convocatorias como a presente dáse a posibilidade de fomentar o xurdir de novos creadores literarios.

O pasado mes de maio fíxose entrega dos premios relativos á terceira edición en galego, na que participaron 20 centros, e máis de catro mil estudantes. Deles foron seleccionados 338 e resultaron gañadores 36.

Menús News node R