Educación recoñece os 20 mellores expedientes da Formación Profesional de grao superior cos premios extraordinarios

Cada galardoado recibirá 850 euros e poderá concorrer aos premios nacionais

Lun, 01/07/2019 - 13:12

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a concesión dos Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18,  a través dos que se recoñecen os 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

A relación de galardoados é a seguinte:

Persoa galardoada

Familia profesional

Centro educativo

Balboa Ferreiro, Belén

Sanidade

CPR Santa Apolonia (Santiago de Compostela)

Dono Costoya, Alba

Comercio e márketing

CIFP As Mercedes (Lugo)

Brea Bodelo, Rafael

Electricidade e electrónica

IES Monte Neme (Carballo)

Prieto Lorenzo, Pablo

Actividades físicas e deportivas

CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña)

Prado Esparza, Víctor

Informática e comunicacións

CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña)

Carreiras Suárez, Ana

Administración e xestión

IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

Cernadas Fernández, Cristina

Edificación e obra civil

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Aguilella Martínez, Iris

Servizos socioculturais e á comunidade

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña)

Beloso Blanco, Raquel

Instalación e mantemento

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

Corral Vieiro, Lucía

Hostalaría e turismo

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

da Cunha García, Ana Marisa

Imaxe persoal

IES 12 de Outubro (Ourense)

Fernández Varela, Adrián

Transporte e mantemento de vehículos

CIFP As Mercedes (Lugo)

Iglesias Losada, María de los Ángeles

Imaxe e son

IES Audiovisual de Vigo (Vigo)

Cerviño Otero, Pablo

Química

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Ruiz Blanco, Manuel

Agraria

CIFP A Granxa (Ponteareas)

García Paz, Xosé Manuel

Industrias alimentarias

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Martínez Torres, Jorge

Marítimo-pesqueira

INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo)

Romay Franco, Raquel

Seguridade e medio ambiente

CIFP A Granxa (Ponteareas)

López Rodríguez, Marta

Enerxía e auga

CIFP As Mercedes (Lugo)

Álvarez Miguélez, Roberto Carlos

Madeira, moble e cortiza

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

 

O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.

Puideron optar a este recoñecemento as e os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e os rematasen no ano 2018, sempre e cando obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros requisitos.