Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2019/2020

Ven, 05/07/2019 - 09:10

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 5 de xullo ata as 13:00 horas do martes 9 de xullo de 2019.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.