Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2020/2021

Xov, 25/06/2020 - 09:31
Publicada a Orde do 17 de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2020/21.
Publicada a Orde do 18 de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2020/21.
Na seguinte ligazón pode atopar para o curso 2020/2021 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación profesional dual e a oferta de programas formativos de formación profesional básica.