Inicio do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

Xov, 25/06/2020 - 10:22
O período de presentación de solicitudes do proceso de admisión a ciclos de formación profesional en rexime ordinario e rexime para as persoas adultas (modalidade presencial e modalidade a distancia), de admisión para proxectos de FP dual e de amisión a cursos de especialización comeza hoxe, día 25 de xuño e remata o día 8 de xullo ás 13:00 horas.
 
Máis información:
As persoas interesadas en cursar as ensinanzas de formación profesional, de xeito parcial, en calquera modalidade do réxime para as persoas adultas deben consultar a información sobre os itinerarios formativos recomendados.