Convocatoria de cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o profesorado 2011/2012

Xov, 22/09/2011 - 13:38

Convócanse cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés, dirixidos preferentemente ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües, ademais doutro profesorado que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha lingua estranxeira.

Estes cursos compoñen un itinerario formativo en tres niveis (A2, B1 e B2), cunha duración de 120 horas por curso. As persoas interesadas deberán acreditar, unha vez seleccionadas, que posúen o nivel A2 para a admisión nos cursos de nivel B1, e que posúen o nivel B1 para a admisión nos cursos de nivel B2.

Os cursos CALC celebraranse nas Escolas Oficiais de Idiomas, consonte o calendario que se indica:

  • Do 21 de setembro ao 2 de outubro: Preinscrición nos cursos a través de http://www.edu.xunta.gal/fprofe (para facilitar a búsqueda dos cursos, seleccionar "Área: linguas estranxeiras").
  • Do 3 de outubro ao 7 de outubro: Selección dos participantes polos CFR e envío de notificacións aos seleccionados.
  • Do 8 de outubro ao 13 de outubro: Confirmación e envío por correo electrónico aos CFR da acreditación do nivel de lingua anterior, no caso dos cursos de nivel B1 e B2, por parte dos seleccionados.
  • 17 de outubro: Inicio dos cursos (cada curso comezará no primeiro día que lle corresponda desa semana).
  • 31 de maio: Fin dos cursos.