Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez Rodríguez

Ven, 22/04/2022 - 10:57
b

Co gallo da celebración do Día do Libro 2022, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 22 de abril de 2022, pola que se recoñece á escritora Antía Yáñez Rodríguez co Premio dos Clubs de Lectura 2022, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano precedente, neste caso, durante o curso 2020/2021.