Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente...

Mar, 14/06/2022 - 08:30

Publicación da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

A Orde do 7 de xuño de 2022 modifica os artigos 24.1, 33, 34, o segundo parágrafo do artigo 39.1 e a disposición adicional segunda da Orde do 7 de xuño de 2018 que regula a adxudicación de destino provisional dos corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.