S2202002 Aplicación práctica para unha nutrición saudable

Curso para actualizar os coñecementos de nutrición e dietética adaptados aos estilos de alimentación actuais, así como para proporcionar ideas sobre elaboracións equilibradas e saúdables que poidan ser incorporadas á oferta gastronómica dos centros educativos. Asemade farase unha interpretación do etiquetado dos alimentos.
Mér, 15/06/2022 - 12:40
Curso: Aplicación práctica para unha nutrición saudable

O curso "S2202002 Aplicación práctica para unha nutrición saudable" celebrarase durante os días 6, 7 e 8 de xullo, no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), en Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de xuño en Fprofe no código S2202002.

Neste curso expoñeranse unhas consideracións prácticas á hora de elaborar un prato segundo o grupo alimentario empregado, así como os criterios prácticos para saber elaborar un menú semanal, sen esquecer a relevancia de interpretar o etiquetado dos alimentos.

Menús CAFI node R

 

Sección