Listaxe provisional de centros admitidos e excluídos para participar con carácter experimental no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23

Xov, 15/12/2022 - 10:01

A Subdirección Xeral de Inclusión, Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a listaxe provisional de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades seleccionados para participar de forma experimental no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23.

Os centros dispoñen de tres días hábiles, ata o martes 20 de decembro, para facer as reclamacións ou renuncias pertinentes.