Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2023/2024. Solicitude de NOVAS persoas candidatas.

Xov, 09/02/2023 - 10:40
adc

Desde o 9 de febreiro de 2023 ata o 4 de abril de 2023, o Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2023/2024.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, República Checa (inglés), Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).

 

Ligazón á convocatoria: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2023.html

 

Información:

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude no organismo ou ministerio do seu país de orixe ou renovar na plataforma Profex (Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Malta, Marrocos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Túnez): auxiliares.conv@educacion.gob.es.

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude na plataforma Profex (Australia, Canadá, China, Dinamarca, EEUU, Filipinas, Finlandia, India, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Países oceánicos, República Checa, Singapur e Suecia): auxiliares.extra@educacion.gob.es.

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@educacion.gob.es.