Título node Learning object

Convocatoria da Fundación Asia-Europa (ASEF) para participar na Rede de escolas de ASEF dirixida a profesorado
Ven, 21/04/2023 - 08:34

A Fundación Asia-Europa (ASEF) abre convocatoria para o profesorado de educación primaria, secundaria e formación profesional para participar na Rede de escolas de ASEF, a cal cumpre 16 anos.

En 2023, ASEFClassNet16 aborda o tema "Liderar o cambio: Transformación dixital da educación na era da IA". Grazas á formación e colaboración entre docentes, desenvolverase a comprensión das dimensións humana e tecnolóxica da Intelixencia artificial (IA) na educación, o uso de ferramentas de IA no ensino, así como o seu funcionamento, creación e implicacións sociais, éticas e humanas.

O obxectivo principal da colaboración entre escolas de Asia e Europa é levar a cabo diversas actividades de capacitación, diálogo e creación de alianzas que permitan dotar a profesorado e persoal educador de coñecementos básicos, competencias e estratexias sobre IA e Educación para o Desenvolvemento co fin de construír sistemas educativos intelixentes.

A fase de formación comezará o 1 xuño e finalizará o 14 de setembro de 2023, tendo o inglés como lingua de traballo.

Achéganse a convocatoria e o programa. A data para inscribirse finaliza o 30 de abril.