Título node Learning object

Análise de Recursos Educativos Dixitais desde a Perspectiva de Xénero na Infancia
Xov, 27/04/2023 - 11:26
Asesoría Igualdade

A nosa compañeira Helga Vázquez Regueira, ven de publicar na Revista Internacional de Estudos Feministas Atlánticas un artigo que leva por título Análise de Recursos Educativos Dixitais centrados no Corpo Humano desde a Perspectiva de Xénero na Infancia, resultado do seu traballo de Fin de Máster cursado na UNED e dirixido por María Luz Cacheiro.

Helga, conta cunha longa traxectoria pedagóxica nesta Consellería e desenvolveu diversos cargos e responsabilidades o que lle permitiu experimentar as diferentes diversidades que compoñen o noso sistema educativo, asiste a varios cursos de formación continua, chegando a culminar coñecementos de Máster e Postgrado, recibeu diversos premios e recoñecementos vencellados ao ámbito das TIC e á Igualdade de Xénero, ademáis de impartir cursos para o profesorado.

O presente traballo constitúe un estudo de carácter descritivo, co que tomando como base a perspectiva de xénero, analizáronse diversos recursos educativos dixitais, dirixidos ao coñecemento do corpo humano e as súas funcións para os niveis de Infantil e Primaria.

Con esta análise, pretenden visibilizar as posibilidades dunha adecuada selección de recursos educativos dixitais para o tratamento didáctico do Corpo Humano desde a Perspectiva de Xénero na Infancia.

Esta investigación está dispoñible na seguinte ligazón: https://revistas.udc.es/index.php/ATL/article/view/arief.2023.8.1.9081 e tamén no seguinte PDF