Título node Learning object

II Festival de Teatro Escolar do IES de Cacheiras
Ven, 28/04/2023 - 13:00

Este sábado 6 de maio o IES de Cacheiras celebrará o seu II Festival de Teatro Escolar na Carballeira de Francos e no Auditorio Constante Liste da Ramallosa.

Nesa xornada cultural participarán máis de cen actores e actrices de catro Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Teo, Touro, Santiago de Compostela e Palas de Rei).

No documento anexo pode consultarse o programa completo.