Título node Learning object

A Biblioteca de Galicia organiza visitas educativas guiadas á exposición "Unha árbore de historia. Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego"
Mér, 03/05/2023 - 13:05
Imaxe

A Biblioteca de Galicia organiza visitas guiadas para grupos escolares do 3º ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, centradas na exposición "Unha árbore de historia. Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego". 

O número máximo de estudantes admitidos por día será de 60, en quendas de máximo 30 persoas.

As reservas poderanse realizar a través do enderezo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal e as visitas estarán dispoñibles ata finais do mes de maio.

Pódese consultar toda a información no documento anexo.