S2201035 - A orientación e a escalada como actividades físicas no medio natural

Ven, 12/05/2023 - 08:01
A orientación e a escalada como actividades físicas no medio natural

Nesta actividade traballaremos aspectos como:

  • Conceptualización. Xeolocalización. Recursos
  • Manexo de programas específicos para a elaboración de mapas de orientación. Elaboración dun mapa da contorna do meu centro
  • Xogos e actividades de orientación no centro educativo. Manexo do mapa e brúxula (práctica).
  • Orientación deportiva. A carreira de orientación.
  • Principios básicos a ter en conta na práctica da escalada. Xogos de trepa e actividades de escalada no centro educativo.
  • Xornada práctica de escalada.
  • Realización da achega do mapa do meu centro na aula virtual do curso.

Datas: 25 e 27 de maio, 1, 6, 8 e 10.

Código en fprofe: S2201035

Lugar: as xornadas terán lugar en Santiago de Compostela, combinando sesión no CAFI, en centros educativos da zona en montes cercanos e en rocódromo indoor.

Contidos: A xeolocañización analóxica e dixital, recursos na orientación, elaboración de mapas, xogos e acyividades de orientación e escalada no centro, a carreira de orientación e práctica de escalada en rocódromo.