Título node Learning object

Campaña REFERENTES M: ferramentas para traballar e poñer en valor mulleres de orixe diversa que destacan no ámbito STEM
Lun, 15/05/2023 - 08:35
Imaxe

Despois da conmemoración do Día Internacional das nenas nas TIC, Accem aproveita a efeméride para lanzar a campaña REFERENTES M, co obxectivo de empoderar a nenas e adolescentes nacidas en España de nai ou pai estranxeiros ou chegados a moi curta idade, mediante a visibilización de profesionais de éxito no sector STEM, para que non perciban as profesións relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía como unha materia exclusiva de homes.

Así, Accem pon á disposición do profesorado e outros/as profesionais do ámbito educativo e social ferramentas audiovisuais e dinámicas para traballar sobre a diversidade da sociedade, co fin de normalizar e valorar a riqueza que esta representa.

A campaña REFERENTES M  dálle visibilidade a mulleres nacidas ou criadas en España que constitúen un reflexo da sociedade étnica e culturalmente diversa na que vivimos e que destacan polos seus logros, traxectoria e iniciativas STEM.

Accem invita a todas as persoas interesadas a visitar a web de REFERENTES M e a descargar GRATUITAMENTE todos os materiais audiovisuais e didácticos para aproveitalos co seu alumnado ou grupo de traballo.