Título node Learning object

Convocatoria de bolsas de verán 2023 en Bélxica para profesorado e futuro profesorado de Francés
Lun, 15/05/2023 - 09:56
Imaxe

Wallonie-Bruxelles International (WBI) ofrece 6 bolsas de verán 2023 en Bélxica, para profesorado e futuro profesorado de francés. A continuación, detállanse as diferentes posibilidades:

  • 3 bolsas para a Universidade Católica de Lovaina (UCL- Louvain a Neuve): Stage international d'été en didactique du FLE (Français comme Langue étrangère). Período: do 24 de xullo ao 11 de agosto de 2023 (acollida desde o domingo 23 de xullo e saída o sábado 12 de agosto 2023). Destinadas a profesorado de FLE (primaire, secondaire ou universitaire) nivel B2 e a futuro profesorado de francés nivel B2. Necesario: Diploma B2 FR segundo o CECR.
  • 3 bolsas para a Universidade de Lieja (ULg - Liège): Stage pour (futurs) professeurs de français langue étrangère (FLE). Período: do 01 de agosto ao 17 de agosto de 2023 (acollida desde o luns 31 de xullo e saída o venres 18 de agosto 2023). Destinadas a futuro profesorado de francés de lingua estranxeira. Necesario: B2 - C1 FR segundo o CECR.

As persoas candidatas deben ser españolas que estean a estudar ou que estudasen en España.

Para coñecer todas as condicións e conseguir os formularios desta convocatoria rógase que as persoas interesadas envíen un correo electrónico a c.bouchat@awex-wallonia.com, á atención da Señora Clémence Bouchat, encargada de proxectos académicos, culturais e científicos para Valonia-Bruxelas Internacional.

A data límite para a entrega das solicitudes será o luns 22 de maio de 2023.