Axudas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea 2023 (ED301K)

Xov, 01/06/2023 - 09:36

Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento ED301K) (Publicada no DOG núm. 103, do 1 de xuño de 2023).

  • O prazo límite de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.