Título node Learning object

Convocatoria dos Premios Internacionais de Alfabetización UNESCO 2023
Ven, 16/06/2023 - 08:46
Imaxe

Está aberta a convocatoria dos Premios Internacionais de Alfabetización UNESCO 2023.

Estes premios teñen como obxectivo apoiar prácticas de alfabetización eficaces e fomentar a promoción das sociedades alfabetizadas. Desde 1967, recoñeceron a excelencia e a innovación no campo da alfabetización a máis de 500 proxectos e programas levados a cabo por gobernos, organizacións non gobernamentais e individuos de todo o mundo.

As candidaturas deben ter en conta o tema xeral da edición 2023, "Promover a alfabetización para un mundo en transición", así como o enfoque específico de cada un dos dous Premios Internacionais de Alfabetización UNESCO que existen actualmente:

  • Premio de Alfabetización UNESCO-Rey Sejong (patrocinado pola República de Corea): presta especial atención á alfabetización na lingua materna. Cada un dos tres gañadores recibe unha medalla de prata, un diploma e 20.000 dólares estadounidenses.
  • Premio UNESCO-Confucio de Alfabetización (patrocinado pola República Popular China): céntrase na promoción da alfabetización, incluída a funcional, aproveitando as contornas tecnolóxicas, tanto dos adultos do medio rural como dos mozos non escolarizados. Cada un dos tres gañadores recibe 30.000 dólares estadounidenses e unha viaxe de estudo a China en relación cun proxecto por determinar nos termos que recollen os estatutos deste Premio.

As candidaturas presentaranse exclusivamente a través da plataforma en liña.

De conformidade cos estatutos dos Premios, cada Estado Membro poderá presentar, como máximo, 3 candidaturas por cada un deles, en inglés ou francés e en consulta coa respectiva Comisión Nacional de Cooperación coa UNESCO, que deberá recibilas antes do 28 de xuño de 2023.

Máis información: http://en.unesco.org/themes/literacy/prizes