Convocatoria do programa educativo “Que non te líen, ti elixes”

Mér, 21/06/2023 - 12:39

Resolución conxunta do 20 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

  • O prazo de envío de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 14 de setembro de 2023.