Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Xov, 27/07/2023 - 10:04

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 27 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 3ª adxudicación ordinaria.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.