Convocatoria do programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia

Ven, 18/08/2023 - 11:59

Xúntase a Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

  • O prazo para presentar solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.