Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Ven, 15/09/2023 - 13:24

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.