Título node Learning object

Formación online en Rede Natura 2000 mariña para docentes
Mar, 26/09/2023 - 08:24
Imaxe

Desde a Fundación Biodiversidade, pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), impulsan unha iniciativa denominada "O cole viaxa polo océano con Natura e Mariña", para a cal se organiza unha formación en Rede Natura 2000 mariña dirixida a docentes, fundamentalmente da etapa de primaria.

A dita formación está convocada para o luns 30 de outubro en horario de 16:00 a 19:00 en formato online.

Pódese consultar o folleto informativo a través desta ligazón.